![]() |
|||||||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
||||
![]() |
Servizos
|
Contacto SH TELLADOS - Horacio Rodríguez |
![]() |
||||
Somos especialistas na impermeabilización de todo tipo de tellados e soportes, temos ampla experiencia no sector, asesorámolo sobre a solución a aplicar en función das condicións de cada caso e realizamos o seguimento e control da execución da obra para garantir o seu resultado final. As nosas impermeabilizacións son definitivas e garantidas, impermeabilizamos e rematamos coas humidades e filtracións de auga en tellados. Controlamos fugas e vías de auga, selado de xuntas, etc. así como outros tipos de impermeabilizacións. Lavamos o seu tellado facendo unha profunda limpeza con equipo de auga a presión, deixándoo como novo, con todas as garantías e a un prezo moi económico. En reparación de tellados ofrecemos un ano de garantía cun prazo de pagamento de ata 90 días. Na instalación de cubertas ofrécense 10 anos de garantía. En SH Tellados tamén somos especialistas en pintura de patios de luces sen necesidade de instalación de estadas. Utilizamos os mellores materiais e traballamos para particulares, construtores, promotores, obra civil, comunidades de veciños, administradores de fincas, fábricas, empresas, etc. Realizamos todo tipo de traballos verticais, reparación de fachadas, pintura de patios, reparación de baixantes e intervencións de urxencia. Ofrecémoslle a mellor solución ao mellor prezo. Póñase en contacto connosco e visitarémolo para ofrecerlle un diagnóstico gratuíto coa mellor opción para a impermeabilización da súa cuberta ou a pintura do seu patio de luces. Moitas das nosas solucións son permanentes. Pídanos presuposto sen compromiso. |
|||||||
SH TELLADOS - Horacio Rodríguez | Rúa Rei Don García 1, 1º C. Lugo | Tel. 982 080 115 | tejadossh@gmail.com | Aviso legal | Deseño: www.univoco.es |
|||||||